Decembro – 2021
Decembro/21
Soños (Concerto solidario de Nadal)
xoves, 23 de decembro ás 19,30h
Pazo da cultura de Pontevedra
Presenta: Raquel Queizás
Colabora: Coral Bella Helenes, Escola de Danza Deborah, Nerea Rodríguez (acordeón), Coro A Xunqueira, Escola de Danza Vaganova, Óscar Ibáñez (gaita), Coral Polifónica de Pontevedra e Escola de Danza Fita Novas.
Segundo concerto sinfónico solidario de Nadal organizado pola BMP e o mestre Rafa Agulló, coa colaboración do Concello de Pontevedra e varios artistas e colectivos musicáis da cidade.
O evento benéfico, que este ano leva por título SOÑOS, regresa con máis ilusión ca nunca co obxectivo de render homenaxe aos maiores expoñentes da música de tódolos xéneros nun espectáculo innovador.
O total recadado na taquilla do concerto irá destinado á ong galega Da Man.
Panxea
xoves, 9 de decembro ás 19,30h
Pazo da cultura de Pontevedra
Entrada de balde ata completar aforo
En 1910, o meteorólogo e xeofísico alemán Alfred Wegener dectouse ao examinar un atlas que as siluetas dos continentes parecían casar unhas con outras. Foi a partires desa observación cando comezou o seu libro «A orixe dos continentes e dos océanos», onde sostiña que hai uns 300 millóns de anos o mundo estaba formado por un só continente, Panxea, que en grego significa «toda a terra».
Facebook