|
out
|
novembro 2008
|
dec
|
| L |
M |
M |
J |
V |
S |
D |
| | | | | |
1 |
2 |
| 3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
| 10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
| 17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
| 24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
| | | | | | | |
| | Posición actual |
| | Fecha actual |
| | Días con eventos |
|
| A Banda de Música de Pontevedra |
A Banda de Música de Pontevedra xurdiu no seo dun grupo de
amigos, que con máis ilusión que medios, decidiron crear unha
agrupación que quedara extinguida coa guerra civil. A idea sae de
D. Antonio Moldes, fillo do director da antiga banda de música.
D. Antonio e uns cantos músicos máis da cidade decidiron xuntarse
a finais da década dos setenta. Porén, a Banda non se constituíu
oficialmente até o 22 de novembro de 1980, coincidindo coa
celebración de Santa Icía, patroa dos músicos.
Daquela as axudas económicas eran realmente escasas pero
pouco a pouco, e grazas ao savoir-faire e á boa acollida por parte
da cidadanía, o concello foi incrementando as subvencións á Banda
de Música. Grazas a este apoio puidéronse celebrar sucesivos
concertos, abertos ao público, tanto na Praza da Ferrería, como
na Alameda, en diveresas parroquias do municipio, así como en
diversos puntos de Galiza, outras Comunidades Autónomas e Portugal.
Este bo facer da Banda culminou co recoñecemento no ano
1989 do premio Cidade de Pontevedra.
A Banda de Música estivo baixo a batuta de D. Antonio Moldes
desde a súa fundación até o ano 2003. A partires de xaneiro de
ese ano asume a dirección da Banda D. José Padín, deixando o
seu posto como director en funcións a D. Rafael Torres Míguez.
Co nomeamento dunha nova Xunta Directiva, a organización da un
xiro en aras dunha máis elevada profesionalidade, abríndose así
unha nova etapa chea de proxectos novos e cheos de ilusión.
No ano 2005 esta Xunta Directiva saca a concurso o posto de director,
para o cal se realizaron probas durante o mes de decembro,
das que resulta seleccionado D. Javier Viceiro-Filgueira.
Durante o ano 2006 a agrupación realiza diversos actos que veñen
a confirmar este carácter ascendente que leva. En xaneiro deste
ano ofrece unha Gala Lírica no Teatro Principal de Pontevedra,
baixo a batuta de D. Xosé Luis Represas Carrera e coa colaboración
do barítono D. Javier Galán e da soprano Da. Sandra Mínguez.
Nos meses de marzo e abril, e coincidindo co 250 aniversario do
nacemento do gran Wolfgang Amadeus Mozart, ofrece um concerto
monográfico sobre o citado compositor no que interpreta unha
mostra da obra do autor, actuación que recibiu unha calurosa acollida
entre o público. En xullo clausura a Segunda Categoría do
prestixioso «Certame Internacional de Bandas de Música Cidade
de Valencia» e no mes de agosto realiza um concerto de Bandas
Sonoras na cidade de Pontevedra.
O ano 2007 supuxo numerosas innovacións no plano artístico da
BMP. No mes de febreiro realiza un concerto en clave de jazz co
saxofonista Rafael Yebra e o pianista Alejo Amoedo, que acadou
unha excelente acollida entre o público. No mes de marzo conta
coa presenza de unha das figuras referentes e pioneiras da dirección
en Galicia, Marcel van Bree, actual director titular da Banda
Municipal da Coruña. Durante o verán de 2007 realiza diversos
concertos integrais. Entre eles, podemos salientar o concerto da
obertura 1812, que se interpretou coas campás da emblemática
igrexa pontevedresa da Peregrina. Durante esta etapa conta con
novísimos músicos galegos de renome que actúan como solistas:
José Varela Pardo, Gustavo Castro Barreiro, Esteban Batallán Cons
ou Marcos Dorado Soto, entre outros. No ciclo de outono de este
2007 estrea en Galicia a transcrición para banda da célebre Fantasía
Española de Rodrigo Villa co pianista Alejo Amoedo e estrea
a nível mundial a peza Piazzoltango, para violín e banda de Néstor
Alderete. Nesta ocasión o encargado de interpretar o rol solista foi
o violinista Sergio Heredia.
Ademais de cultivar a faceta innovadora no ámbito estrictamente
musical, a BMP ten reafirmado o seu compromiso coa sociedade.
En decembro de 2007, Juan Lois Diéguez compón a obra Imst,
por encargo da Banda de Música de Pontevedra. A súa estrea
coincide co concerto de Nadal, ocasión que se aproveitou para
ceder todos os beneficios, incluídos os dereitos da obra, á ONG,
Aldeas Infantiles.
Actualmente a Banda de Música de Pontevedra ten pensado continuar
colaborando con novas promesas da dirección en Galicia,
así como reafirmar o papel da agrupación como unha aportación e
como un nexo e un referente musical no terreo cultural da cidade
de Pontevedra.
|
|