
Juan Lois Diéguez nace en Agolada (Pontevedra), no ano 1980. Comeza os seus estudos musicais co seu pai a idade de 10 anos. Estudou nos Conservatorios de Lalín, Santiago de Compostela e Vigo.
Foi membro de diversas Bandas populares : Banda de Agolada, Banda de Lalín, Silleda. Ós 15 anos ingresa na Banda Municipal de Lugo. Asi mesmo colabora con infinidade de agrupacións como: Colectivo Harmonia, Banda Sinfónica de Galicia.
No ano 2002 obtén praza na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.
Formou parte da Orquesta de Cámara de Lalín e Orquesta de Práctica Orquestal da Sinfónica de Galicia. Colaborou tamén coa Orquesta de Cámara Galega, Orquesta Clásica de Vigo, Xoven Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, English Chamber Orchestra (coa que realizou unha xira por Cataluña, Valencia, Andalucía, Marruecos e Portugal) e a Real Filharmonía de Galicia, da que foi trompeta coprincipal durante duas tempadas.
No ámbito da música de cámara ten realizado concertos con diferentes formacións entre as que cabe destacar o quinteto de metais da Real Filharmonía de Galicia “BRASSMANIA” entre outros.
Estudiou e realizou Cursiños con mestres coma: José Rodríguez Ramos, John Aigi Hürn, Stanley Curtis, Javier Viceiro Filgueira, Javier Simó Echarte, Antonio Cambres Rodríguez, Benjamín Moreno, José Mª Ortí Soriano, Eric Aubier.
Realizou Tamén cursiños noutras especialidades como pedagoxia coa mestra Ana Mª Navarrete, Técnica Alexander con Montserrat López e diversos cursiños e clases de Dirección e Instrumentación con mestres coma :
Marcel van Bree, Javier Viceiro Filgueira, Óscar Navarro, José Rafael Pascual-Vilaplana, Jan Cober, Jan Van der Roost ou Hardy Mertens.
Entre os anos 96 a 2002 foi subdirector da Banda de Música Municipal de Silleda e director da Escola de Música Municipal de Silleda. Traballou tamén na Escola Profesional de Música de Viana do Castelo (Portugal) e na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Dende o ano 2002 ó 2010 foi director da Escola de Música Santa Cruz de Ribadulla, e Director Titular da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla coa que obtivo o 1º premio no Certame Nacional de Bandas de Música “Villa de Léganes” (Madrid_2004) e o 1º premio no Certame Internacional de Bandas de Música “Vila de La Sénia” (Tarragona _2007).
Actuou baixo a batuta de prestixiosos directores como : Marcel van Bree, Henrie Adams, James Ross, Lorenzo Ramos, James Judd, Manuel Valdivieso, Hansjörg Schellenberger, Jean-Jacques Kantorow, Edmon Colomer, Eric Hull, Paul McCrest, Adrian Leaper, Frans Brügen, Alberto Zedda, Antoni Ros Marbá, Karel Mark Chichon, Vladimir Ashkenazy entre outros.
Asi como tamén ten acompañado a solistas de talla internacional como poden ser: Sergei Krylov, Ewa Poblocka, Xabier de Maistre, Joaquin Achúcarro, Mark Kaplan, Asier Polo, Leonel Morales, Teresa Berganza, Arto Noras, Josep Colom, Tzimon Barto, Emmanuel Ax, Michail Rudy, Vladimir Ashkenazy, Dimitri Ashkenazy, Elina Garanca, Maxim Venguerov .
Dirixe como invitado , importantes bandas da xeografía galega, como a Banda de Música de Silleda, Banda de Lalín, Banda - Escola de Música de Beade, Banda de Música de Pontevedra, Banda do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, Banda de Lanhelas (Portugal) entre outras. Dirixiu tamén a AGRUPACIÓN “A nosa Música”, formada por cincuenta xoves músicos de tódalas Bandas da comarca do Deza (Pontevedra).
No ámbito da composición conta no seu haber con diferentes pezas populares, así como obras para Banda Sinfónica. Ten recibido encargos de agrupacións tales como a Nova Banda de Vilatuxe, Banda de Música Municipal de Agolada, Banda de Música de Caldas de Reis, Banda Cultural de Salceda de Caselas, Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música Municipal de Silleda ou a agrupación Musical de O Rosal. Realiza instrumentacións e arranxos de moi variados estilos. No pasado ano estrea a súa primera obra de cámara dentro do Ciclo “Galego Hoxe” interpretada por Javier Simó Echarte , trompeta Solista da Real Filarmonía de Galicia. En Abril de 2010 foi seleccionado como Director Asistente da Banda Municipal de Barcelona. Na acualidade compaxina a súa labor de profesor instrumentista da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa Dirección Titular da Banda de Música de Pontevedra.