Abraham Cupeiro

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Abraham Cupeiro

Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles.

Estudou trompeta no RCSMM, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antigua na Universidade Autónoma de Barcelona.

Sen embargo, ainda que a súa formación é clásica, sempre sentiu atracción por todo tipo de músicas. Así, dende temprana idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga…

Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro). Recentemente foi invitado para probar o Karnix de Tintignac, que é o único que apareceu enteiro (ano 2004).

É ademáis impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega: a corna. Instrumento que na segunda metade do século XX xa estaba extinguido. A corna que toca Abraham Cupeiro, foi atopada por Carlos Tallón na inmensidade do bosque.

O seu interese pola organoloxía, levoulle a conqueruir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. É unha colección que ensina a modo de concerto- monólogo baixo o nome de Resoando no Pasado.

Abraham recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles dende a súa música ata música de hoxe día, e os mistura con formacións modernas.

Estas misturas pódense ver no seu traballo Compromiscuo co acordeonista Bielorruso Vadzim Yukhnevich, así como en obras escritas ex profeso para el como o Concierto Misterio de Wladimir Rosinsky xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia.

Os Sons Esquecidos é o seu último proxecto e está grabado coa Filharmonía de Galicia. Este trabajo sae á luz en outubro de 2017 baixo o selo Warner Classics.

Máis info na súa web: http:  www.abrahamcupeiro.com/