Ana Franqueira

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Ana Franqueira

Ana Franqueira Fontán
Nace en Vigo en 1984. Comenza os seus estudos musicais no seo da Agrupación Musical Atlántida de Matamá e aos nove anos accede ao Conservatorio Profesional de Música de Vigo na especialidade de óboe, onde remata as Ensinazas Profesionais da devandita especialidade. É Titulada Superior en Pedagoxía da Linguaxe e da Educación Musical e en Canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e Máster de Artes Escénicas pola mesma institución.

Desde 2016 é docente de Linguaxe Musical no Conservatorio Profesional de Redondela, posto ao que accede por concurso oposición e continúa completando a súa formación con cursos e masterclass con diferentes docentes.