Begoña Lorenzo

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Begoña Lorenzo

Licenciada en Historia da Arte e Xornalismo, realizou estudos de canto e pandeireta no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín do 2000 ao 2007, tendo como mestras a Ugía Pedreira e Guadi Galego, anos nos que participa como integrante do Combo do CMTF en diversas actuacións dentro en fóra do centro e nos que asiste a cursos de Técnica Vocal, Desinhibición corporal ou unha Master Class de Voces Búlgaras con Kalinka Vulcheva.
Recibiu clases de Pandeireta da man de Felisa Segade na Escola de Música e Baile Tradicional Brincadeira, así como de Canto cos Mestres Ramón Bermejo e Carmen Rey na Escola Estudio de Santiago de Compostela, onde se achega a outras músicas como a brasileira, jazz, funky, etc.
Na súa andanza profesional participou como integrante do Coro da Ra, foi vocalista do grupo Grodan Defló (gañador do IV Concurso de Radio Obradoiro) e foi a vocalista do grupo Axada, formado para actuar na X e XV edicións dos Premios Opinión da Música Galega. Colaborou en gravacións e directos con formacións de música tradicional e outros estilos: Os Cempés, Os Minhotos, Banda Baile Asalto, O Gaiteiro de San Xusto, … Nos últimos anos participa no espectáculo “Xoldra na eira” que a Banda de Gaitas de Forcarei está a levar a cabo coas bandas de música municipais galegas.
Desenrolou unha labor docente de Cursos de Pandeireta e Canto con diversas asociacións, como os Amigos da Pandeireta de Monforte de Lemos ou a Asociación Cultural Sarricanta de Sarria. No XXVIII Curso de Cultura Tradicional Cántigas e Frores (Lugo 2011) foi a mestra de Técnicas de Canto Tradicional. Desde o 2010 ata o 2014 foi Mestra de Técnica Vocal e Canto e Pandeireta na Tradescola de Música Tradicional (Asociación de Gaiteiros Galegos) en Lugo. Actualmente segue a impartir cursos de Técnica Vocal a nivel particular e colectivo, destacando a implicación con algunhas corais polifónicas. desde hai anos forma un dúo de Voz e Piano xunto a Iago Mouriño e pon voz ao proxecto Os Ollos que falan, de Tempo Catro, disco producido pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega sobre once cantares de Rosalía de Castro.
A súa formación en Comunicación, Improvisación e Desinhibición corporal, contribúen ao seu carácter aberto e dinámico, cun forte interese pola interpretación e unha busca constante dese lugar máis preto do público.