David Lede

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

David Lede

David Lede Pérez nace en Vilanova de Arousa onde comeza os seus estudios musicais de gaita e clarinete á idade de 14 anos da man de Dna. Isabel Valle Torres. Nese mesmo ano ingresa no Conservatorio Martín Millán de Vilagarcía de Arousa e posteriormente pasará a estudiar no Conservatorio municipal da mesma cidade,no Conservatorio Profesional de música de Pontevedra e no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde remata os seu estudos de clarinete.
Ten recibido clases en diversos cursos ou masterclass con clarinetistas como: D.Vicente Alberola,D. José Luis Estellés,D. Enrique Pérez Piquer, D. Javier Balaguer Domenech, D. Darío Mariño Varela, D. Arno Peters e do mestre D. Antonio Suárez Saavedra.
Foi membro do Seminario permanente de Clate. Baixo co recoñecido mestre D. Carlos Gálvez Taroncher durante os anos 2010 e 2011.
Forma parte da Banda de Música Unión de Meaño e dende a tempada 2009 é membro activo da Banda de Música de Pontevedra.
Impartiu clases na Escola de Música de Vilanova de Arousa e na Escola de Música do concello de Portas e actualmente é mestre de clarinete nas escolas de música de Chapela e Vilaboa.