David Pérez Trigo

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

David Pérez Trigo

Director convidado (12/05/2019)

Nace en Moaña no ano 1985. Comeza os seus estudios musicais á idade de 8 anos no seo da banda de música Airiños do Morrazo. Prosegue os seus estudios no Conservatorio de Música do Morrazo, Conservatorio Profesional de Música de Vigo e Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata os seus estudos superiores de clarinete coa calificación de Matrícula de Honra.

Como clarinetista realizou numerosos cursos de perfeccionamento con Walter Boykens, Eric Hoeprich, Vicente Alberola, Radovan Cavallin, Jakub Bokun, Justo Sanz, Hedwing Swimberghe, Dominique Vidal, Joan Enric Lluna, Antonio Salguero, Florent Héau, Arno Piters, Jose Luís Estellés, Beatriz López, Reinhard Wieser, Carlos Gálvez e Kari Krikku.

No ámbito da dirección de banda, orquestra e conxunto instrumental recibe clases dos mestres Alfredo Sánchez e Javier Viceiro, así como cursos de perfeccionamento con directores como Jan Van der Roost,  José Pascual-Villaplana, Alberto Zedda, Francisco Navarro Lara, Jan Cober, Marcel Van Bree, Fernando Briones, Simone Fermani, Julio Domínguez, Javier Busto e Xavi Pastrana.

Foi director da banda e da escola de música da Agrupación Musical de Goián dende o ano 2009 ate o 2012 e dende o ano 2013 ata o 2016, director asistente da Banda de Música de Pontevedra. Neste mesmo ano remata os seus estudios de dirección de banda na AEDB en Forno de Algodres (Portugal), cos mestres Javier Viceiro, André Granjo, Jan Cober, Jean-Sebastien Bereau e Toni Cantal.

Na actualidade  é director da Banda de música Airiños do Morrazo de Moaña, profesor de vento madeira na Escola Municipal de Música de Mondariz, director da Banda de Música Cultural de Mondariz e está rematando estudos de Dirección de Orquestra no Conservatorio Superior de Música da Coruña, co mestre Fernando  Briones.