Félix Rodríguez

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Félix Rodríguez

Nace en Vila de Cruces en 1987. Aos doce anos comeza a súa andaina musical na Escola da Banda Artística de Merza asistindo a clase de percusión con Valentín Romero e Juan Collazo. Segue a súa formación no Conservatorio de Lalín con Darío González e anos máis tarde no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Carlos Castro e Vicent Grau.

Durante este tempo asiste a numerosos cursos de formación e perfeccionamento de percusión clásico-contemporánea con mestres de recoñecido prestixio como Nick Woud, Nacy Zeltsman, Pedro Carneiro, Tobías Guttman, Jan Pustjens, César Peris ou Lorenzo Ferrándiz entre outros. Tamén o fai, máis recentemente, con mestres doutros estilos (jazz, world music, música tradicional…) como son LAR Legido, Aleix Tobías, Antonio Sánchez…

Colabora con numerosas e variadas agrupacións profesionais como a Banda Municipal de A Coruña, Banda Municipal de Santiago de Compostela, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Vigo 430, Hulencourt Soloists Chamber Orchestra, Rastrexos Project…

Aínda que a música é a base da súa formación artística, tamén realiza cursos de interpretación e teatro con Evaristo Calvo, Fran Rei, Pedro Brandariz…

Dende 2012 forma parte de Odaiko Percussion Group, un dos grupos máis activos da península e co que leva realizados máis de 300 concertos.

Actualmente desenvolve a súa actividade en distintas agrupación e compañías como Trío Refugallo, Píscore, Fantoches Baj e Odaiko.