Jorge García Porral

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Jorge García Porral

Jorge García Porral, Clarinete

Natural de Lalín (Pontevedra), comeza os seus estudos de clarinete á idade de 8 anos no Consevatorio da súa vila natal cos mestres Orentino Sueiro e Marcel Van Bree, rematando o grao medio no ano 1995 e o superior no ano 1999, no Conservatorio de A Coruña co profesor Carlos Casadó. Tras este período, recibe de xeito habitual clases do clarinetista Vicente Alberola. Participou en master classes con profesores coma M. Carulli, J. E. Lluna, M. Arrignon ou D. Campbell entre outros. Durante os veráns do 1999, 2000 e 2004 participa en Bélxica no ISAB (Academia Internacional de verán Belga) para estudiar co mestre W. Boeykens. Nos cursos 2003-4, realiza un postgrado-master en interpretación musical (especialidade de clarinete) que desenrola a U. D. C. con J. L. Estellés coma mestre titular e A. Pay, M. Lethiec, H. Deinzer, H. Bok e F. Meloni coma mestres invitados.

É membro do Cuarteto de Clarinetes “Divertimento”.

Dende o ano 2000 ten praza na Banda Municipal de A Coruña, onde ten realizado varios concertos como solista.