José Manuel López

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

José Manuel López

JOSÉ MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ “JOSELE” (Vedra, 1977)

Comeza os estudos musicais baixo os auspicios de Delio Represas Carrera, con tan só 12 anos. Posteriormente estudará gaita galega, frauta de bico, clarinete e saxofón nos conservatorios de Santiago, Profesional de Vigo, Conservatorio Mayeusis, Universidade Popular de Vigo e Conservatorio Folque de Lalín.

Complementará a súa formación específica nos distintos instrumentos con Mestres de renome como: Joan Enric Luna, Xavier Pazos, Martín Baleirón ou Walter Boeykens (clarinete), Alejandro Cimadevila (saxofón), José Vicente Egea e Marcel Vann Bree (dirección de banda), Paulo González (frauta de bico), Hermenegildo Fernández ou Juan Casalderrey (construción de elementos sonoros da gaita) Edelmiro Fernandez(gaita)e Patrick Molard (música bretona e escocesa).

Foi premiado como solista en diversos concursos de música tradicional como o Memorial Manuel Villanueva, Memorial Manuel Dopazo, entre outros. Ademais son frecuentes as súas colaboracións musicais con grandes agrupacións musicais, evidenciando a súa gran versatilidade: Agrupación Instrumental Harmonía, Banda Sinfónica de Galicia, Banda da Federación Galega de Bandas de Música, Banda Municipal de Música de Santiago, Banda Municipal de A Coruña, Banda de Música de Pontevedra, Banda Municipal de Música de Santa Cruz de Tenerife,Banda Sinfónica Municipal de Madrid, Banda Municipal de Villena, Orquestra Filharmónica de Pontevedra ou Amc d’Albalat de la Ribera, entre outros intérpretes como Lorena Lores ou Andrés Suárez.

Gravacións:

Banda de música de Santa Cruz de Rivadulla(1995-2006)

Grupo de ventos da escola de música de Santa Cruz de Rivadulla(1998)

Banda de música de Ponteledesma(1999)

Banda de música de Muimenta(2000)

Banda Sinfónica de Galicia(2001)

Agrupación Instrumental Harmonia(2002)

Banda de música de Teo(2006)

Banda de música de Belesar(2007)

Banda de música de Pontevedra(2011)

Banda de música de Ribadumia(2012)

Ardelle o Eixo (2002-2003)

Nubeira(2003)

Pablo Seoane grupo(2003-2005)

Lorena Lores “Duas Beiras”(2006)

II, III, IV Memorial Manuel Villanueva

Zafrafolk(2007)

Crema de Gaita “Tangalego”(2007)

O Quinteto Monterrei(2008)

“Trece Luas” AGG(2009)

Kerkennai “Un soño cotian das bolboretas” (2013)

Foi Subdirector da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e Director da Banda de Música Xuvenil de Forcarei , e Banda Municipal de Ribadumia. Actualmente compaxina a súa actividade como solista coa docencia en agrupacións e escolas de música.