Martín Fontan Carballo

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Martín Fontan Carballo

Comeza os seus estudios musicais na Banda Xuvenil de Barro a idade de oito anos da man dos mestres Xosé Bugallo e Milagros Valiño. Posteriormente ingresa no conservatorio de música de Pontevedra onde cursa saxofón cos mestres David Sanmartín, Rafael Yebra, Pablo Estellés e Julio Álvarez. Asistiu a cursos de perfeccionamento con Fernando Ramos, Andrés Gomis, Rodrigo Vila, Narciso Pillo, Marie-Bernadette Charrier, Julio Álvarez ou Diego García.
Ademais formou parte e colaborou con formacións musicais como Pai da cana, Galifunk Brass, Banda Municipal de A Coruña, Banda Filharmónica de Galicia, Banda Sinfónica da federación de bandas de música de Galicia, e dende o ano 2003 é membro fixo da Banda de música de Pontevedra.
Por outra banda tocou como solista coa banda de música de Pontevedra, a banda de música de Caldas de Reis e a banda de xuvenil de Barro, así como colaborou con moitas bandas populares do panorama Galego.
Como mestre impartiu clases nas escolas de música de Marín, Barro, Campolameiro e dende o ano 2008, logo de aprobar unha fase selectiva, na escola de música municipal de Caldas de Reis.
En Xullo do ano 2018 aprobou o concurso-oposición que o acredita como mestre de música para a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.