Nicolás Leiro Álvarez

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Nicolás Leiro Álvarez

Nace en Pontevedra no ano 1978, comeza os seus estudos musicais na Banda de música Cultural de Vilanova de Arousa, baixo a batuta de D. Jesús Nogueira Mouriño, ampliando no Conservatorio Profesional de Lalín e posteriormente no de Vigo, onde acada o título de grao medio na especialidade de trombón, da man do mestre D. Antonio Caneda Zamar. Conta tamén co titulo de bacharelato musical. Posteriormente continúa cos seus estudos superiores da man do mestre D. Antonio Caneda e remata licenciándose con D. Jesús Vicente Monzó.

Asiste como trombonista a diversos cursos con mestres de recoñecido prestixio coma: D. Scott Hartman (profesor de trombón da Universidade de Yale e Boston en EEUU), D. Rubén Prades (profesor de trombón no Conservatorio Superior de Salamanca), D. Jörgen Van Rigen (trombón solista da Orquestra do Concertgebow de Amsterdam, e solista internacional.), D. Antonio Caneda (profesor de trombón no Conservatorio de Ourense), D. Christian Lindberg (solista internacional), D. Ingemar Roos (trombón solista da Orq. Nacional de Suecia), D. Fco. Javier Rosario (solista da Real Orq. Sinfónica de Sevilla), D. James Markey (trombón baixo da Filarmónica de Nueva York), D. Faustino Núñez (trombón baixo da Orq. da Comunidade Valenciana), D. Alberto Urrecho (solista da Orquestra sinfónica de Bilbao) e D. Unai Urrecho (Trombón Principal da Daejeon Philharmonic Orchestra).

Realizou estudos de dirección na EAWB(European Academy for Wind Band), tamén asiste a cursos cos mestres D. Javier Viceiro, D. Xosé Carlos Seráns, D. Jan Van Der Roost, D. José Rafael Pascual Vilaplana, Jan Cober, etc., na actualidade realiza estudos no Centro Asociado a UNED Ourense no Curso de Extensión Universitaria: II Curso de iniciación a Dirección de Banda de Música.

Na actualidade e mestre de vento-metal na escola de Música Municipal de Caldas de Reis, profesor nos conservatorios profesionais de Vilagarcía e A Estrada. Así mesmo foi membro fundador do Quinteto de metais “SAMAIN”. Colaborador da “Orquestra Clásica de Vigo”, da “orquestra de Cámara Galega”, da “Banda da Federación” e numerosas bandas de música populares. Ocupa a praza de trombón solista e director asistente na Banda de Música de Pontevedra.