Pablo E. Santaclara

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Pablo E. Santaclara

Nace en (Lantaño – Portas), Pontevedra en 1985, a idade de 13 anos comeza os seus estudos musicais co maestro Manuel Seoane Barreiro na escola da Banda de Música Unión de Lantaño.

Realiza o Grao Profesional de Música na especialidade de Tuba, nos conservatorios de Pontevedra e Xixón, recibindo clases de Manuel Martínez Villar, Francisco Javier Lavía Fontán e David Muñoz Velázquez. No ano 2015 consegue o Título Superior de Música na especialidade de Tuba, estudando no Conservatorio Superior do Principado de Asturias baixo a tutela de Alfonso Mollá Castells, facendo un ano Erasmus na “Faculty of Music and Visual Arts Pécs, Hungría” co maestro József Bazsinka. No ano 2016 obtén o Máster Universitario en Formación do Profesorado pola Universidade Internacional de Valencia.

Coa ansia de mellorar os seus coñecementos musicais realiza cursos e recibe clases con maestros da talla de: Mel Culbertson, Rex Martin, Jesper Boile Nielsen, José Varela Pardo, Jens Bjorn Larsen, Sergio Finca Quirós, Agustín Rial Muñiz, José Manuel Redondo, José Luis Vázquez Vidal, Steven Mead, Manuel Villar Touceda, César Núñez Pérez, Perry Hoogendijk, Stéphane Labeyrie, Ramiro Tejero Morte, Gabriel Capet, Arnaud Boukhitine, Michel Godard, Pedro Castaño, David Moen, Sergio Carolino…

A súa traxectoria profesional permítelle estar baixo a batuta de grandes directores como Jan Cober, Pablo Mielgo, José Rafael Pascual Vilaplana, Javier Viceiro Filgueira, Juan Lois Diéguez, Jose Luis Represas Carrera, Carlos Seráns Olveira, Salvador Sebastiá, Marcel van Bree, José Varela Pardo, José Esteban García Miranda, Rafael Agulló, Nicolás Leiro, Isabel María Rubio Molina, Lloréns Barber, Cristóbal Soler, Vicente Alberola, Francisco A. Moya…entre outros.

Realizou diversas colaboraciones como intérprete na Banda da Federación Galega de Bandas de Música, Banda de Tubas de Galicia, Keep in Touch Tuba Project (Oviedo), Banda Filarmónica do Salnés, Pécsi Vasutas Koncertfúvós Zenekar (Hungría), Banda Municipal de Santiago de Compostela, Big Band AGEMM (Asociación Galega de Escolas Municipais de Música), I encontro de Bandas dos Conservatorios de Galicia, (NOGA) Nova Orquestra Galega das Artes, Orquestra Vigo 430, (EUYWO) European Union Youth Wind Orchestra, admitido en The World Orchestra. Colaborou co Coro da “Fundación Príncipe de Asturias”. Participa en funcións músico-teatrais na obra Historia Natural da compañía de teatro “Matarile Teatro” e no IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) donde formou parte da producción teatral do CDG (Centro Dramático Galego) na obra Illa Reunión. Gravación da banda sonora do documental de O Novo circo de Pera del Álamo, coa Banda de Música de Pontevedra do Lérez ao Turia, co Laboratorio de Electroacústica e Emsemble de Tubas do Consmupa “Chromatike” e varios discos con diferentes Bandas da xeografía galega.

Tocou como solista coa Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla e coa Banda do Cmus de Lalín. Estas colaboracións permítenlle realizar xiras por toda a xeografía española, e países como Portugal, Francia, Suíza, Noruega, Bélxica, Luxemburgo, Arxentina, Hungría…
Imparte clases no Conservatorio Profesional de Música de Lalín, é Tuba da Banda de Música de Pontevedra e pertence ao grupo de música Galifunk Brass e ao grupo de metáis Seis.