Paula Domínguez

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Paula Domínguez

Paula Domínguez Besada comezou os seus estudos musicais aos 7 anos na Escola de Música de Meaño. Obtivo o título de Grado Profesional no ano 2012 co mestre Ferrán Calatayud no Conservarorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra.

Actualmente cursa os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo co mestre Óscar Araújo.

Asistiu a cursos de perfeccionamento instrumental con mestres coma: Álex Salgueiro, Manuel Veiga, Juan Carlos Otero, Steve Harriswangler, Guillermo Salcedo, Gabor Metzaros, Santiago López, entre outros. Asistiu a cursos de perfeccionamente orquestal e bandístico con mestre coma: Jose Rafael Pascual-Vilaplana, Jan Cober, Rubén Gimeno e Marcel Van Bree. Recibiu clases asiduamente de fagot dos mestres David Novelle, Alejandro Valcárcel e Óscar Araujo.

Membro da banda de Música de Pontevedra. Membro fundador do Quinteto Afiato e do Equa Ensemble. Imparte clases na Escola de Música de Ribadumia, Escola de Música de Bembrive, Escola de Música de Salcedo, Escola de Música de Vincios e no Conservatorio Elemental de Cambados.