Pedro Villarroel González comeza os seus estudos musicais no seo da banda de Música de Candeán como saxofonista. Posteriormente ingresa no Conservatorio de música de Vigo onde acada o titulo de grado superior no ano 2015.
No terreo da dirección comeza a sua andaina levando a batuta da Banda da Escola de música de Candeán e recibindo clases dos mestres Javier Viceiro Filgueira e Jose Rafael Pascual Vilaplana, principalmente.
Tamén realiza cursos de especialización con mestres coma, Franco Cesarini, Manuel Mondejar, Juanjo Ocon, Andrea Gasperin, Bouglas Bostock, Marcel van Bree, Andres Valero e Jan Cober.
En 2016 remata o último nivel na Academia Europea de Dirección de Banda en Portugal cos mestres Javier Viceiro, Andre Granjo, Jean Sebastian Bereau e Jan Cober, realizando o concerto final coa banda profesional da policia da segurança publica en Liboa.
No 2017 remata o último curso na academia de dirección do Vall D´Albaida en Valencia, cos maestros Jose Rafael Pascual Vilaplana, Ramon Garcia i Soler e Jose Miguel Fayos.
A súa experiencia profesional comeza como director titular da Banda de música de Sanxenxo (2012-2015), coa que consegue o 3º premio no XIII certamen provincial de bandas de musica da Diputación de Pontevedra. No 2015 comeza unha etapa como director da escola e director artístico da agrupación musical de Goian onde conseguen diversos premios salientando o 1º premio no XIII certame galego de bandas de musica na sección terceira no Auditorio de Galicia.
Actualmente compaxina o seu posto co de director titular da agrupación musical Lira de San Miguel de Oia en Vigo, dende o ano 2019.
Estrea diversas obras sinfonicas do compositor Andrés Álvarez Hernandez, e espectaculos como “Pelepau sinfonico” co grupo tradicional
galego. Dirixiu solistas como a fadista Ana Lains, Rosa Cedron, Abraham Cupeiro…
Foi convidado como director en distintas agrupacións como a banda de música de Candeán, banda de musica de Chapela a Unión musical de Valladares ou a banda de música de Pontevedra.
No ano 2019 consegue o 1º premio no I concurso de dirección organizado pola banda de musica de Pontevedra.
Facebook