Roi Xesteira Serrano

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Roi Xesteira Serrano

Cambados, 2000.
Músico multiinstrumentista entroncado dende neno na música pola man da súa avoa, Josefa Losada Nine (Pitusa) e no ámbito tradicional polo seu pai Xaquín Xesteira Losada.
Na actualidade é compoñente do grupo de música tradicional OS XEITOSIÑOS de Cambados; vocalista e guitarra no grupo TREBOADA; bombardinista na BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL
DE RIBADUMIA, BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS, BANDA DE CÁMARA “AROUSA” e no quinteto de metais EPI Y BRASS.
Xunto co seu irmán (Anxo Xesteira) e o seu pai, forma parte do trío OS XESTEIRA (gaita, acordeón e bombardino).
Cursa o grao elemental de Percusión no Conservatorio Elemental de Cambados.
Aprende a tocar o bombardino aos 13 anos con Guillermo Piñeiro, e, nese mesmo ano, comeza no Conservatorio Elemental de Cambados co mestre Víctor López no 1º e 2º curso. Cursa 3º con Pablo Dopazo, con quen prepara a proba de acceso ao grao profesional. No curso 2015-2016 ingresa no CMUS Manuel Quiroga onde a día de hoxe cursa 4º de grao profesional co mestre Francisco J. Lavía.
Foi compoñente da BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO, primeiro como percusionista, gaiteiro e logo bombardinista; ten colaborado tamén cos grupos TREIXADURA, OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, SONDESEU e diversas bandas populares, e tamén coa GALICIA BRASS BAND, e a BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Actualmente estuda 4º de grao profesional de TUBA no Conservatorio Profesional de Música «Manuel Quiroga» de Pontevedra”.