Suso Vaamonde

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Suso Vaamonde

Suso Vaamonde Manteiga, Músico intérprete e Mestre de instrumentos populares (Visantoña, 1970) é Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela,
e posúe o Título Profesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo.
É o director, coordinador e profesor da Escola de Instrumentos Populares Galegos “Suso Vaamonde”, en Caldas de Reis, e tamén da Aula Permanente de Música Tradicional (Vicerreitorado do Campus de Pontevedra). Ademáis é Mestre de instrumentos populares na Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes, na asociación A Fuliada (Betanzos), na asociación Hai que Roelo (Cuntis), e na Escola de Música de Salceda de Caselas. Por outra banda, engadir que é mestre de acordeón e zanfona na Agrupación Tequexetéldere (A Estrada) dende outubro de 2020, e que imparte clases “online” de instrumentos populares galegos dende o mes de maio do mesmo ano.
Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego “Rey de Viana”, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío “Vaamonde, Lamas e Romero”, coro histórico “Aires da Terra: o legado de Feijóo”… Actualmente desenvolve a súa actividade musical nos espectáculos “De tradición” con Suso Vaamonde, e Clásicos “á galega” (Suso Vaamonde con Banda de Música) e “24 Instrumentos Populares Galegos” (Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero).
Foi Mestre de Música Tradicional do IGAEM (actualmente AGADIC), e músico colaborador do Centro Coreográfco Galego, tanto na interpretación de instrumentos como na impartición de talleres e obradoiros didácticos.
Ten impartido diversos cursos de técnica e afnación de gaita galega (Casa de Galicia de San Sebastián, A.F.C. Cantigas e Frores, Asociación Cultural de Folclore Tradicional Ourensá, Academia Escola da Vaca, do Ferrol, Cursos de Especialización para a Galicia do Exterior en Santiago de Compostela, Asociación Cultural Santa María de Godos, Real Coro “Toxos e Froles”, Agrupación Folclórica “Brincadeira”, …), e tamén sido mestre de zanfona na Tradescola (Asociación de Gaiteiros Galegos)
Destaca ademáis no campo da composición, sendo autor de máis de corenta obras e outros tantos arranxos. A meirande parte da súa obra está gravada por él mesmo en diversas publicacións discográfcas.
Acadóu diversos premios como solista: Gañador do Concurso de Gaita Constantino Bellón nos anos 1992 e 1997, gañador do Premio LUAR 2000 como Mellor grupo de música tradicional… Ten participado en máis dunha veintena de gravacións discográfcas e publicado varias obras para gaita (Solo de Gaita, Cadernos de gaita galega -4 en total-, Doce Polainas Enteiras, De pano sedán, Revista de Etnomusicoloxía, Pel e Madeira I e II…)
O 2 de agosto de 2005 foi o único gaiteiro solista encargado de interpretar a “Marcha do Antigo Reino de Galicia” na Toma de posesión do Presidente da Xunta, don Emilio Pérez Touriño. Participou tamén como gaiteiro solista nos actos de conmemoración do “25 Aniversario do Parlamento de Galicia”, tanto na apertura coma na clausura, que tiveron lugar os días 14/12/2005 e 19/12/2006 respectivamente.
Colaborou como xurado e músico no programa da TVG “LUAR” no concurso “Vai de gaita infantil” durante as tempadas 2014-2015, e 2015-2016, promovendo a difusión dos instrumentos populares galegos interpretados por nenos menores de 13 anos.