Tiago Correia

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Tiago Correia

José Tiago Vilaça Correia, iniciou os seus estudos musicais na Banda Musical de Cabreiros, Braga, asistindo posteriormente o Centro de Cultura Musical, onde terminou os estudos de Instrumento, Saxofón, na clase do profesor Fernando Ferreira. En 2004 ingresou na Licenciatura en Música, variante instrumento (Saxofón) no Instituto Piaget de Viseu, concluíndo o mesmo o ano lectivo 2007/2008, na clase do Prof. João Figueiredo.

Colaborou con varias orquestras, destacándo: a Orquestra Nacional de Sopros dos Templarios, Orquestra de Sopros de Jovens de Águeda, Banda Sinfónica Miño-Galaica e Orquestra Sinfónica ARTAVE; traballando entre outros, cos mestres, Luís Cardoso, José Manuel Brito, Vítor Matos, André Granjo, Miguel Sanz Madrid, Ernest Schelle, entre outros.

Asistiu a varios Workshops e Masterclass de saxofón: cuarteto de saxofones Invictasax (Hugo Teixeira, Hugo Lopes, Carlos Pinto e Manuel Silva), Fernanda Alves, Paulo Martins, Alberto Roque, Fernando Ferreira e Fabrice Moreti.

Desenvolve unha intensa actividade no campo da dirección de banda e orquestra, dirixindo a Sociedade Musical Filarmónica Harmonía de S. Pedro do Sul de abril de 2006 a agosto de 2011 e a Banda Recreativa União Pinheirense, Albergaria-a-Velha, de outubro de 2012 a outubro de 2015. Organizou e dirixiu diversos cursos de Orquestra de Sopros e Orquestra Clásica. Asistiu ao Máster en Dirección de Orquestra de Sopros no Instituto Piaget de Viseu. Asistindo a clases cos mestres, Paulo Martins, Alberto Roque, André Granjo, Javier Viceiro, Teodoro Aparicio Barberán (orquestación), Jean-Sébastien Béreau, Douglas Bostock e Jan Cober.

Actualmente é responsable da escola de música da Academia de Música de Fornos de Algodres, profesor de saxofón e clase de conxunto no Conservatorio Rexional de Música de Viseu, mestre titular do Projecto Orquestra Estúdio de Mangualde (POEMa) e da Orquestra de Sopros Portuguesa. É responsable do proxecto Escola Europea de Dirección de Banda.