Tony Simoes

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Tony Simoes

Nado en Paris, introdúcese no mundo musical a través do taller de jazz de A Coruña con Quique Alvarado . Máis tarde comenza a súa formación clásica no Conservatorio de A Coruña con Antonio Portela e posteriormente no Conservatorio de Ferraz  con Daniel Machado e pedagoxía no Conservatorio Superior de Salamanca.

Completa a súa formación  con mestres da talla de Paco lluch , Lou Ortiz e Burke Shaw, así como recibindo masterclasses con Ludwig Streicher e Rubén Giorgi. Colaborou coa Orquesta Sinfónica de Galicia e participa en diversos festivales de jazz. Tamén formou parte de grupos como Colorado, Los doré, Julian Hernandez ,os Diplomáticos de Monte alto e A Banda de Lalin ,entre outros.

Impartiu docencia na escola Presto  Vivace da Coruña e Charamela de Pontedeume. Actualmente traballa como profesor de Contrabaixo no CMUS de Pontevedra e colabora con Emsamble Galeria.