Vanesa Muela

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Vanesa Muela

Vanesa Muela é unha moza cantante e percusionista de Laguna del Duero (Valladolid), nacida o 10 de Xuño de 1978.

É Licenciada en Historia pola Universidade de Valladolid desde o 2003 e especialista en Estudos sobre a Tradición.

Vanesa comezou a cantar á idade de catro anos e aos seis realizou o seu primeiro recital, no Teatro San Viator de Valladolid, cantando en directo doce cancións tradicionais.

Máis de 3.000 concertos en todo o territorio nacional e en países como Portugal, Italia, Alemaña, Austria, Francia ou Grecia poñen de manifesto a intensa actividade de Vanesa Muela nestes anos.

No seu repertorio leva temas das nove provincias de Castilla y León: xotas, romances, cantos de traballo, de Nadal, de entroido, charros, charradas, fandangos, seguidillas, agarraos, lixeiros, rondas, corridos, rumbas, etc.

Ademais, nos seus concertos acompáñase dunha vintena de instrumentos tradicionais: guitarra, rabel, pandeireta, pandeiro cadrado, cunchas, criba, carajillo, zambomba, darbouka e diversos instrumentos de cociña como o almirez, as culleres, a tixola ou a tapadeira da pota.

Actualmente Vanesa é a cantante solista que máis concertos ten ao ano e unha das voces máis consolidadas no panorama da canción tradicional de España.

En maio de 2013 celebrou os seus XXX anos nos escenarios acompañada de máis dunha vintena de músicos .

Múltiples premios, méritos e recoñecementos outorgáronselle a Vanesa ao longo da súa carreira. Destacan entre outros: o Premio á “Pureza Interpretativa” concedido pola Deputación de Valladolid en 1993 ou o Premio Nacional de Etnoloxía “Cultura Viva”, outorgado polo CSIC no ano 2006, no seu XV edición, premio que por 1ª vez na historia recaía nunha muller tan nova de tan só vinte e sete anos.

Con 18 anos foi contratada polo Teatro da Zarzuela de Madrid, para cantar unha serie de romances anónimos do século XVI, xunto á Orquestra Sinfónica de Madrid e o Ballet Nacional de España, o que supuxo para ela unha marabillosa e enriquecedora experiencia.

 

Vanesa é tamén profesora de percusión tradicional na Escola de Folclore Praza de Castela (Madrid), onde ensina a tocar a pandeireta e varios instrumentos de cociña a xente de todas as idades. Grazas aos seus amplos coñecementos, á súa forma de transmitilos e á súa simpatía, é unha das profesoras máis demandadas polas escolas de folclore de todo o país.

Dentro destas actividades didácticas, destaca sobre todo o labor realizado en Colexios de Educación Primaria e Institutos de toda España, aos que fai chegar a cultura tradicional, mediante un programa específico de cancións tradicionais infantís, no que poden participar cantando e bailando todos os nenos e nenas.