Víctor Vilariño

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Víctor Vilariño

VÍCTOR MANUEL VILARIÑO SALGADO – Trompeta

Inicia os seus estudios musicais á idade de 11 anos con D. Bernardo Hermida. Diplómase en 2006 e en 2010 licénciase coas máis altas calificacións no Conservatorio Superior de Música de Vigo, tendo como profesores a Adolfo Caride e Luís González.

Formou parte das seguintes agrupacións:
Escola de Altos estudios musicais (2004-2006), JOSG (2006-2008), JONDE (2008- 2012), EUYO (2011-2012) ademais de colaborar con distintas orquesta como a RFG, OSG, OCG, OSCYL, OCNE… e tendo como profesores destacados a Javier Simó, Ramón Llátser, John Aigi Hurn ou Roberto Bodí, entre outros. Dende 2010 é director da Banda de Música de Vilatuxe.

Tocou como solista con diversas agrupacións e gañou o concurso de xóvenes intérpretes “Xosé Valcárcel” ademais do prestixioso concurso que organiza a Xunta e a Consellería de cultura “Premios á Excelencia Musical” donde tamén acada o primeiro premio. En 2011 grava un cd co pianista Alejo Amoedo nos estudios Mans. Realiza o Máster de Especialización orquestal na USC entre 2012 e 2014 ó tempo que ocupa a praza de academista na Real Filarmonía de Galicia. En 2018 comeza os estudios de grao na especialidade de dirección, no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

Actualmente é profesor de Vento metal no Cmus profesional de música de A Estrada, e na escola da banda de música de Vilatuxe ademais de ser o seu director, continuando a súa labor de colaborador habitual con distintas orquestas do panorama nacional, e pertencendo ó prestixioso quinteto de vento metal Hércules Brass.