Do Lérez ao Turia

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Do Lérez ao Turia

  • Data de realización 2006-07-02
  • Selo: BMP
  • Catálogo #: C-1034-2009

Información do álbum

Banda de Música de Pontevedra

Director convidado: Xosé Luís Represas Carrera

Solistas: Xosé Manuel López “Josele”, gaita; Pedro Lamas, gaita; Ernesto Campos, compositor e serruchista.


“A BMP saca á luz por primeria vez na súa historia un CD promocional que permitirá a difusión e coñocemento do seu traballo profesional entre a cidadanía pontevedresa e máis aló das súas fronteiras. Un importante acontecemento que pon de manifesto o novo período que se abre no futuro máis inmediato desta agrupación. Este CD recolle un dos momentos de maior importancia e transcendencia que vivíu esta agrupación, como foi a súa participación como agrupación convidada para a clausura da 2ª Sección do prestixioso Certame Internacional de Bandas de Música Ciutat de Valencia no ano 2006. Este acontecemento marcou un punto de inflexión na traxectoria da BMP, xa que dende este momento o traballo e esforzo que realiza dende hai preto de 30 anos vese recoñecido a nivel internacional.

Dende entón a BMP está a traballar por levar a cabo un proxecto cultural, innovador e de calidade. A consolidación dun grupo de novos tralentos que difundan por todo o mundo o nome de Pontevedra é un privilexio que teñen aumido dende o primeiro día.”

Outra información

Palau de la música de Valencia

Certame Internacional de Música Ciutat de Valencia 2006

Gravación en directo do concerto de clausura da 2ª sección


Agradecementos:

Concello de Pontevedra

Pablo Barreiro, técnico de son da CRTVG

Xosé Luís Represas, director convidado

Ernesto Campos, compositor e serruchista

Xosé Manuel López “Josele”, gaiteiro

Pedro Lamas, gaiteiro

Os Chatolas de Bandeira

Cristina Macías, pianista

José González “Zé”