Director: Rafa Agulló Albors
Banda de Música de Pontevedra + Píscore
Música: Adrián Saavedra
Que pasa cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto?
Catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha única marimba. Eles están dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse si que non vai ser tan fácil…
Píscore e a Banda de Música de Pontevedra achégannos á mellor música e ao humor nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
O resultado? Diversión asegurada para toda a familia.
Facebook