Pangea

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Pangea

  • Data: 27 - May - 2018
  • Hora 12:00
  • Localización: Pontevedra
  • Lugar: Teatro Principal

Collidos da man – Pangea

Domingo, 27 de maio ás 12.00 horas – Teatro Principal

Director Titular: Rafael Agulló Albors

Artista convidado: Abraham Cupeiro

Banda de música de Pontevedra

-Entrada gratuíta-


Programa:
Fai uns 200 millóns de anos no noso planeta terra existía un único e xigantesco continente: PANGEA, que comezou a separarse e co paso do tempo deu lugar aos diferentes continentes tal e como os coñecemos hoxe en día.
A viaxe que se propón a través deste espectáculo musical escrito polo construtor e multiinstrumentista Abraham Cupeiro e instrumentado para banda polo compositor Adrián Saavedra, pretende ser unha pangea musical, a unión mediante a música das diferentes partes do planeta.
Desde a austral Oceanía cos ecos das súas Caracolas, ata as misteriosas montañas de China onde os sons do Hulusi debuxan coas súas melismáticas melodías as liñas das mesmas.
Grandes Chairas como as de Mongolia ou Norte – América, selvas ou montañas como as do Tíbet onde as Xigantescas Trompetas resoan nos seus profundos vales ou a frauta Pauele de Senegal, a Gaida de Bulgaria, a desafiante Zurna e as milenarias Cornas de Pastor, coserán o vestido que unirá unha vez mais ao noso PLANETA TERRA.

PROXIMAMENTE

  • 22 ABR 2018

    Facer as Américas

    Teatro Principal, Pontevedra

    Ver máis