Panxea

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Panxea

  • Data: 09 - Dic - 2021
  • Hora 19:30
  • Localización: Pontevedra
  • Lugar: Pazo da Cultura

Panxea

xoves, 9 de decembro ás 19,30h

Pazo da cultura de Pontevedra

Artista convidado: Abraham Cupeiro


En 1910, o meteorólogo e xeofísico alemán Alfred Wegener dectouse ao examinar un atlas que as siluetas dos continentes parecían casar unhas con outras. Foi a partires desa observación cando comezou o seu libro «A orixe dos continentes e dos océanos», onde sostiña que hai uns 300 millóns de anos o mundo estaba formado por un só continente, Panxea, que en grego significa «toda a terra».

Para a bioloxía esta teoría explica o parentesco entre especies de continentes separados por océanos. Para a xeoloxía xustifica a presenza de formatos xeolóxicos similares en continentes distintos.

A terra é o elemento no que habitamos os humanos, mais quizáis son os océanos os que marcan o clima, ás veces a orografía e tamén o carácter das súas xentes.

Con este concertos queremos volver unir de maneira metafórica a terra a través da música, pois é unha necesidade vital que nos unamos para frear a destrución do noso planeta.

 

Oceanía • China • Norteamérica • Sudamérica • África • Arabia • Armenia • Bulgaria • Costa Atlántica • Lamento

PROXIMAMENTE

  • 23 DIC 2021

    SOÑOS

    Pazo da Cultura, Pontevedra

    Ver máis