Vaia Circo

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Vaia Circo

  • Data: 10 - Jun - 2021
  • Hora 20:00
  • Localización: Pontevedra
  • Lugar: Alameda

2º Concierto – Xoves, 10 de Xuño ás 20h na Alameda de Pontevedra

Ciclo de verán 2021 – En pequeno formato
Vaia Circo

Coa colaboración de Odaiko Percusion Group


Despois de case cen concertos didácticos para escolares e concertos en familia, Odaiko crea o seu terceiro proxecto, neste caso cunha gran amiga que foi crucial na evolución da percusión, a Banda de Música.

Como se de unha volta a España se tratara, os nosos virtuosos percusionistas tráennos, xunto coa Banda de música de Pontevedra, unha viaxe na que repasamos parte da literatura musical presente en cada unha das rexións do noso país. Todo isto na compaña dunha divertidísima posta en escena, onde todo tipo de instrumentos de percusión serán os encargados de dar a entender a fermosa historia destos catro intrépidos embaixadores do ritmo.

Coa composición do gran Adrián Saavedra e no escenario os nosos catro graciosos e virtuosos percutores será máis que suficiente para pasar unha velada de boa música, humor e aventura inesperadas nas que ningún dos aquí presentes poderá fuxir.

PROXIMAMENTE

  • 13 AGO 2021

    Concerto Con Fusión

    Xardín Río dos Gafos, Pontevedra

    Ver máis