Inicio A Banda de Música de Pontevedra Conciertos Galería Solicitud de abono gratuíta Contacto

Información sobre a BMP

A Banda de Música de Pontevedra



» VINDEIRO CONCERTO
» EN CLAVE DE OUTONO
» DISCOGRAFÍA
» XOVEN BANDA DE MÚSICA DE PONTEVEDRA
» A BANDA DE MÚSICA DE PONTEVEDRA
» COMPOÑENTES DA BANDA
» JUAN LOIS DIÉGUEZ, DIRECTOR TITULAR
» JAVIER VICEIRO, PRINCIPAL DIRECTOR CONVIDADO





ago setembro 2010 out
L M M J V S D
   1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30    
       

 Posición actual
 Data actual
 Días de concerto
 Outros eventos





Ciclo de Butaca. Programación Xaneiro - Maio 2009
XML RSS
A Banda de Música de Pontevedra


A Banda de Música de Pontevedra xurdiu no seo dun grupo deamigos, que con máis ilusión que medios, decidiron crear unhaagrupación que quedara extinguida coa guerra civil. A idea sae deD. Antonio Moldes, fillo do director da antiga banda de música.D. Antonio e uns cantos músicos máis da cidade decidiron xuntarsea finais da década dos setenta. Porén, a Banda non se constituíuoficialmente até o 22 de novembro de 1980, coincidindo coacelebración de Santa Icía, patroa dos músicos.



Daquela as axudas económicas eran realmente escasas peropouco a pouco, e grazas ao savoir-faire e á boa acollida por parteda cidadanía, o concello foi incrementando as subvencións á Bandade Música. Grazas a este apoio puidéronse celebrar sucesivosconcertos, abertos ao público, tanto na Praza da Ferrería, comona Alameda, en diveresas parroquias do municipio, así como endiversos puntos de Galiza, outras Comunidades Autónomas e Portugal.Este bo facer da Banda culminou co recoñecemento no ano1989 do premio Cidade de Pontevedra.

A Banda de Música estivo baixo a batuta de D. Antonio Moldesdesde a súa fundación até o ano 2003. A partires de xaneiro deese ano asume a dirección da Banda D. José Padín, deixando oseu posto como director en funcións a D. Rafael Torres Míguez.Co nomeamento dunha nova Xunta Directiva, a organización da unxiro en aras dunha máis elevada profesionalidade, abríndose asíunha nova etapa chea de proxectos novos e cheos de ilusión.No ano 2005 esta Xunta Directiva saca a concurso o posto de director,para o cal se realizaron probas durante o mes de decembro,das que resulta seleccionado D. Javier Viceiro-Filgueira.

Durante o ano 2006 a agrupación realiza diversos actos que veñena confirmar este carácter ascendente que leva. En xaneiro desteano ofrece unha Gala Lírica no Teatro Principal de Pontevedra,baixo a batuta de D. Xosé Luis Represas Carrera e coa colaboracióndo barítono D. Javier Galán e da soprano Da. Sandra Mínguez.Nos meses de marzo e abril, e coincidindo co 250 aniversario donacemento do gran Wolfgang Amadeus Mozart, ofrece um concertomonográfico sobre o citado compositor no que interpreta unhamostra da obra do autor, actuación que recibiu unha calurosa acollidaentre o público. En xullo clausura a Segunda Categoría doprestixioso «Certame Internacional de Bandas de Música Cidadede Valencia» e no mes de agosto realiza um concerto de BandasSonoras na cidade de Pontevedra.

O ano 2007 supuxo numerosas innovacións no plano artístico daBMP. No mes de febreiro realiza un concerto en clave de jazz cosaxofonista Rafael Yebra e o pianista Alejo Amoedo, que acadouunha excelente acollida entre o público. No mes de marzo contacoa presenza de unha das figuras referentes e pioneiras da direcciónen Galicia, Marcel van Bree, actual director titular da BandaMunicipal da Coruña. Durante o verán de 2007 realiza diversosconcertos integrais. Entre eles, podemos salientar o concerto daobertura 1812, que se interpretou coas campás da emblemáticaigrexa pontevedresa da Peregrina. Durante esta etapa conta connovísimos músicos galegos de renome que actúan como solistas:José Varela Pardo, Gustavo Castro Barreiro, Esteban Batallán Consou Marcos Dorado Soto, entre outros. No ciclo de outono de este2007 estrea en Galicia a transcrición para banda da célebre FantasíaEspañola de Rodrigo Villa co pianista Alejo Amoedo e estreaa nível mundial a peza Piazzoltango, para violín e banda de NéstorAlderete. Nesta ocasión o encargado de interpretar o rol solista foio violinista Sergio Heredia.

Ademais de cultivar a faceta innovadora no ámbito estrictamentemusical, a BMP ten reafirmado o seu compromiso coa sociedade.En decembro de 2007, Juan Lois Diéguez compón a obra Imst,por encargo da Banda de Música de Pontevedra. A súa estreacoincide co concerto de Nadal, ocasión que se aproveitou paraceder todos os beneficios, incluídos os dereitos da obra, á ONG,Aldeas Infantiles. Tamén acaba de participar no acto de inauguración da iluminación do Santuario da Peregrina onde interpretou un concerto conxunto coas campás da Igrexa.

Actualmente a Banda de Música de Pontevedra ten pensado continuarcolaborando con novas promesas da dirección en Galicia,así como reafirmar o papel da agrupación como unha aportación ecomo un nexo e un referente musical no terreo cultural da cidadede Pontevedra.



Banda de Música de Pontevedra
Rúa Alfonso XIII, 7
36002 PONTEVEDRA
Inicio | Presentación | Conciertos | Galeria | Solicitud de abono