Inicio A Banda de Música de Pontevedra Conciertos Galería Solicitud de abono gratuíta Contacto

Información sobre a BMP

A Banda de Música de Pontevedra



» VINDEIRO CONCERTO
» EN CLAVE DE OUTONO
» DISCOGRAFÍA
» XOVEN BANDA DE MÚSICA DE PONTEVEDRA
» A BANDA DE MÚSICA DE PONTEVEDRA
» COMPOÑENTES DA BANDA
» JUAN LOIS DIÉGUEZ, DIRECTOR TITULAR
» JAVIER VICEIRO, PRINCIPAL DIRECTOR CONVIDADO





ago setembro 2010 out
L M M J V S D
   1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30    
       

 Posición actual
 Data actual
 Días de concerto
 Outros eventos





Ciclo de Butaca. Programación Xaneiro - Maio 2009
XML RSS
Javier Viceiro, Principal Director Convidado


Javier Viceiro
Nace en Pontevedra no ano 1973 e realiza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e na Zuid-Netherlandse Hogeschool voor Muziek de Maastricht (Holanda). En 1991 obtén a praza de suboficial músico das Forzas Armadas Españolas. Posteriormente, en 1996, ingresa por oposición no Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galiza e actualmente é profesor de trompeta, música de cámara e orquestra nos conservatorios superior e profesional de música de Vigo.

No relativo á súa experiencia camerística, foi membro do Grupo de Metais «Santa Ícia»-Cidade de Ferrol desde o ano 1990 até 2002, tendo realizado diversas grabacións para a TVG e para Radio Clásica, varios ciclos de concertos monográficos, numerosos concertos didácticos e varios estrenos de obras-encargo de compositores como Tomás Marco, Xoán Durán, Paulino Pereiro, Xoán Viaño, etc.

No tocante á súa experiencia orquestral, debemos citar as súas colabroacións como instrumentista coa Orquestra Sinfónica da Radio Televisión Española (Ortve), Orquestra Sinfónica de Galicia (A Coruña), Real Filarmonía de Galicia (Santiago de Compostela) e Xove Orquestra de Galicia.

Comeza os seus estudos de Dirección de Orquesta con James Ross (EUA) e Marcel van Bree (Holanda) no ano 1997 e paralelamente ocupa o posto de director da Banda Municipal de Silleda (Pontevedra). No ano 1999 é director titular da Banda-Escola de Música de Beade (Vigo) coa que ten obtido diferentes premios en Concursos e coa que realizou diferentes gravacións. Dirixiu como invitado a Arka Symfonie Orkest, de Maastricht (Holanda), a Orquestra Clásica de Vigo, a Orquestra de Sopros e a Orquestra Junior da Escola Proffisional de Música de Viana do Castelo (Portugal), a Banda Municipal da Coruña e a Banda Municipal de Pontevedra.

No ano 2002 finaliza os seus estudos no ISEB (European Institute for Band) en Trento (Italia) e obtén así a súa diplomatura Superior Course in Wind Orchestral Conducting na que cursou estudos de dirección, composición, instrumentación, piano e organoloxía cos mestres Jan Cober, Felix Hauswirth, Carlo Mirola, Francesco Canizzaro e Armando Franceschini. Ese mesmo ano dirixe a obra músico-teatral A historia do soldado con música de Igor Stravinsky e texto de F. Ramuz coa que se deu lugar á creación do "Ensemble século XXI" integrado por profesores do Conservatorio Superior de Música de Vigo. No ano 2003 obtivo a súa licenciatura en Wind Orchestral Conducting co mestre Jan Cober (Holanda) na Zuid-Netherlandse Hogeschool voor Muziek de Maastricht (Holanda).

No pasado ano 2005 rematou os seus estudos de dirección de orquestra sinfónica na Zuid-Netherlandse Hogeschool voor Muziek de Maastricht (Holanda) cos mestres Jan Stulen (Holanda) e Edmond Saveniers (Bélgica), tendo realizado o seu exame de graduación na Willem Hystek Zaal (Conservatorium Maastricht) coa Arka Symfonie Orkest. Asistiu a diferentes master classes de Dirección de Orquesta con mestres como Josep Pons (España), Jan Cober (Holanda), Jan Stulen (Holanda) e James Ross (EUA) e na actualidades dirixe a Orquestra Sinfónica e a Orquestra de Vento dos Conservatorios Profesional e Superior de Música de Vigo e é director titular da Banda de Música de Pontevedra.


Banda de Música de Pontevedra
Rúa Alfonso XIII, 7
36002 PONTEVEDRA
Inicio | Presentación | Conciertos | Galeria | Solicitud de abono