
Juan Lois Diéguez nace en Agolada (Pontevedra), no ano 1980. Comeza os seus estudios musicais co seu pai a idade de 10 anos. Máis tarde estudia nos Conservatorios de Lalín, Santiago e Vigo.
Foi membro da Banda de Agolada, Banda do Conservatorio de Lalín e da Municipal de Lalín; ós 15 anos ingresa na Banda Municipal de Lugo. Na actualidade colabora con bandas como: Agrupación Harmonía, Banda Filarmónica de Galicia, Banda Sinfónica de Galicia.
Formou parte da Orquestra de Cámara de Lalín, Orquestra de Práctica Orquestral da Sinfónica de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Colaborou tamén coa Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Clásica de Vigo, Xoven Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, English Chamber Orquestra e ca Real Filarmonía de Galicia da que foi trompeta coprincipal durante dúas tempadas.
Estudiou e realizou cursiños con mestres coma: José Rodríguez Ramos, John Aigi Hürn, Stanley Curtis, Javier Viceiro Filgueira, Javier Simó Echarte, Antonio Cambres Rodríguez,Benjamín Moreno, José Mª Ortí Soriano, Eric Aubier.
Realizou tamén cursiños noutras especialidades como pedagoxía coa mestra Dna. Ana Mª Navarrete, Técnica Alexander con Dna. Montserrat López e diversos cursiños de Dirección e Instrumentación con mestres coma: D. Marcel van Bree, D. Jan Cober, D. Jan van der Roost, D. Hardy Mertens ou D. José Rafael Pascual Vilaplana.
Entre os anos 1996 a 2002 foi subdirector da Banda de Música Municipal de Silleda e director da Escola de Música Municipal de Silleda. Traballou tamén na Escola Profesional de Música de Viana do Castelo (Portugal) e na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Hoxe en día imparte clases na Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla .
Ten dirixido, en ocasións, importantes bandas da xeografía galega, como a Banda de Música de Silleda, Banda de Lalín, Banda Escola de Beade, Lanhelas (Portugal) entre outras. Dirixiu tamén a Agrupación "A nosa Música", formada por cincuenta xoves músicos de tódalas Bandas da comarca do Deza (Pontevedra).
Actuou baixo a batuta de prestixiosos directores como: Marcel van Bree, Henrie Adams, James Ross, Lorenzo Ramos, James Judd, Manuel Valdivieso, Hansjörg Schellenberger, Jean- Jacques Kantorow, Edmon Colomer, Eric Hull, Paul McCrest, Adrian Leaper, Frans Brügen, Alberto Zedda, Antoní Ros Marbá, Vladimir Ashkenazy entre outros ...
Así como tamén ten acompañado a solistas de talla internacional como poden ser: Sergei Krylov, Ewa Poblocka, Xabier de Maistre, Joaquin Achúcarro, Mark Kaplan, Asier Polo, Leonel Morales, Teresa Berganza, Arto Noras, Tzimon Barto, Enmanuel Ax, Vladimir Ashkenazy, Dimitri Ashkenazy, Maxim Venguerov ...
Na actualidade desenrola a súa labor de profesor instrumentista na Banda de Música Municipal de Santiago, a dirección titular da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla e dende Decembro de 2008 asume a dirección como titular da Banda de música de Pontevedra