Do Lérez ao TuriaPrimeiro CD, da Banda de música de Pontevedra
CONSÍGUEO FANCÉNDOTE ABONADO DE MANEIRA GRATUÍTA.A Banda de música de Pontevedra presenta con moita satisfacción o seu primeiro traballo discográfico e que leva por título “Do Lérez ao Turia”, en clara referencia a cidade en que se realiza esta gravación en directo, e que tivo lugar no ano 2006 con motivo da participación da Banda de música de Pontevedra como agrupación convidada para a clausura do Certame Internacional de Bandas de música “Ciutat de Valencia”.
O título fai unha homenaxe a dúas cidades moi vinculadas aos seus ríos, uns ríos que forman parte viva da historia das súas cidades; da cidade do Lérez a cidade do Turia foi o camiño que a Banda de música de Pontevedra percorreu para amosarlle ao músicos e afeccionados da música, que cada ano participan nun dos máis prestixiosos certames internacionais, o bo facer e calidade da Banda de música de Pontevedra. Foi sen dúbida unha noite máxica onde o Palau da música de Valencia se encheu das fermosas melodías galegas que con tanto orgullo representamos; unha noite na que centos de espectadores desfrutaron da marabillosa mestura de sons entre a Banda de música e o son inconfundible das gaitas galegas.