Antoloxía da Zarzuela: Gabriel Alonso e Marina Penas

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Antoloxía da Zarzuela: Gabriel Alonso e Marina Penas

O próximo xoves 22 de decembro ás 21:00h chegaremos á derradeira parada do Ciclo de Outono 2016 co mellor broche posible, unha «Antoloxía da Zarzuela» das que nos demanda o público cada ano polo seu éxito noutros ciclos anteriores.

Desta vez contaremos con dous convidados de nivel: Gabriel Alonso (barítono) e Marina Penas (soprano), que interpretarán as pezas xunto a Banda de Música de Pontevedra coa calidade que os precede. Como é habitual temos na nosa web as traxectorias dos solistas para que os coñezades máis de préto:

Gabriel Alonso (clic no nome para ver)

Marina Penas (clic no nome para ver)