Odaiko Percusion Group

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Odaiko Percusion Group

“Odaiko” toma o seu nome do tambor Oriental, polas características que del se desprenden como son a súa cor vermella, froito da intensidade, e o o seu son dominante.

Este grupo Galego estivo presente en moitos dos escenarios máis reputados do mundo: TIP (Taiwan) Nancy Zelstsman Marimba Festival(EE UU), Facyl (Salamanca),Festival de Ortigueira (Galicia), FIP Pirineos/Valencia/Madrid e Aragón, Boom festival (Slovenia), Festival de Jazz de San Sebastián (Euskadi), Festival Folk de Getxo (Bilbao), Festival Cabo de Gata ( Almería), Orquesta Sinfónica de Bilbao ou o Royal Concertgebow de Amsterdam entre outros.

Integrado sempre por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sin limitacións.

Odaiko fórmase no ano 2002 en Holanda, pero non sería ata o 2004 cando saca a luz o seu primeiro proxecto, na cidade de Ourense, cidade que sempre aplaudiu, a modo de estrea, case a totalidade dos espectáculos.

Ten no mercado 1 cd e 2 dvd en solitario e decenas de colaboracións en outros.

As producións levadas a cabo ata o de agora, e con máis de 300 concertos ás espaldas son:

Didácticos/familiares: Odaiko nas Escolas (I,II), Vaia Banda, Vaia circo, Invención, Cousas de Catro (2016)
Musicais: Okho, Galician on Board, Odaiko & Friends
Produccións contemporáneas: African Roots (con imaxes sobre area en directo) ,To the earth
Con Banda de música: Vaia Banda (didáctico), Kallah Pallah (musical de Adrian Saavedra), Tumbálle (composicións da música iberoamericana)
Con Orquesta: Vaia Orquesta

Como productor é o organizador do Festival Internacional de Percusión, o único na súa característica, www.fip.org.es , e o curso con maior repercusión de Europa, www.merzapercusion.es, que supuxo en Galicia a revolución da percusión contemporánea, así como decenas de producción en festivais e auditorios que realizan dende a súa filial técnica Odaiko Krea, como é o exemplo do espectáculo con Batuko tabanka coa Banda Municipal de Silleda este 2015.