Pedro Martínez Tapia

Banda de Música de Pontevedra

Facebook

Pedro Martínez Tapia

Natural da Coruña, obtén o Título Profesional de Piano en 2006 no Conservatorio da sua cidade e comeza os seus estudios de Canto. Posteriormente se traslada a Madrid a estudiar na Escuela Superior de Canto, onde obtén o Título Superior en 2012 sendo alumno de Manuel Cid. Ó longo destes anos foi alumno de P. Carballido, M. J. Ladra, Juan Lomba ou Julián Molina, e recibíu clases maxistrais de mestres coma Bruno de Simone, Alberto Zedda, E. López Banzo ou Renata Scotto, entre outros. Complementa a sua formación coa diplomatura en Ciencias da Educación na UDC. Na actualidade é Director da Coral Polifónica El Eco.
Traballou en escenarios coma o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro e o Pazo da Ópera da Coruña, o Teatro Cervantes de Málaga, o Teatro Jovellanos de Xixón, o teatro Afundación (García Barbón) e o Auditorio Martín Códax de Vigo, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a Catedral St. Martin de Bratislava ou o Academy Theater de Shanghai. Resultou semifinalista no IV Concurso Internacional de Música Antigua de Xixón. Ten cantado a Misa de Requiem de G. Faurè, a Misa da Coroación de W. A. Mozart, o Oratorio de Nöel de C. Saint Saens, a Messa di Gloria de G. Puccini, a Misa en Sol maior de F. Schubert, a Petite Messe Solennelle de Rossini, o Magnificat de A. Vivaldi, o oratorio Come ye sons of art de H. Purcell ou a Cantata BWV 211 («Coffee Cantata») de J. S. Bach. En repertorio de zarzuela, inerpretou La Gran Vía de F. Chueca, La Rosa del Azafrán de J. Guerrero, La Revoltosa de R. Chapí, El Barberillo de Lavapiés de F. A. Barbieri e ofreceu diversos recitais. En materia operística, participou coma solista en títulos como:
Dido and Aeneas de H. Purcell, La Guerra de los Gigantes de S. Durón, The Medium de G. Menotti, Inés e Bianca de M. del Adalid, Marina de E. Arrieta, Die Zauberflöte de W. A. Mozart, Il Barbiere di Siviglia e Il Signor Bruschino de G. Rossini, Lucrezia Borgia de G. Donizetti , La Sonnambula de V. Bellini, Tosca, Gianni Schicchi e Madama Butterfly de G. Puccini o Un Ballo in Maschera, Rigoletto, Macbeth e La Traviata de G. Verdi.
Cantou acompañado de conxuntos coma a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Filarmónica de Málaga, Orquestra Vigo 430, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra Gaos ou a Bandas Municipais da Coruña e de Pontevedra, e pianistas do nivel de Manuel Burgueras, Rubén Fdez. Aguirre, Borja Mariño, Jorge Robaina, Alejo Amoedo, Ludmila Orlova ou Gabriel López; e baixo batutas coma as de R. Tébar, A. Yurkevich, M. Panni, J. Pons, M. Á. Gómez-Martínez, M. Coves, D. García, S. Vázquez, F. Briones, V. Alberola, M. van Bree, R. Agulló, R. Groba ou J. Gómez. Foi dirixido escénicamente por E. Sagi, M. Pontiggia, J Font (Els Comediants), Nacho García, E. Corbacho, X. M. Rabón, C. Juri ou D. Carvajal.